IboneLAb

Especialistas no estudo da integración de biomateriais nos tecidos vivos, somos unha empresa de base tecnolóxica que nace da experiencia do grupo de investigación de Cirurxía Experimental da Facultade de Veterinaria de Lugo.

IboneLAb

En iBoneLab somos especialistas no estudo da integración de biomateriais nos tecidos vivos.

Especializámonos no procesado histolóxico mediante a técnica de “lámina delgada”, temos ampla experiencia na realización e avaliación de imaxes de microtomografía computerizada, así como en técnicas de histología convencional, inmunohistoquímica ou fluorescencia.