Benvidos a Europe Direct-Lugo, a túa xanela directa á Unión Europea!
Como parte da rede de Centros de Información Europea, estamos aquí para ofrecerche un servizo próximo que che brinda información, asesoramento e respostas a todas as túas preguntas sobre a lexislación, políticas, programas e oportunidades de financiamento da UE.
O noso obxectivo é promover a cidadanía europea activa, facilitar o diálogo entre institucións europeas e a sociedade civil local, e fomentar a participación cidadá na vida democrática europea. En Europe Direct-Lugo, abrimos as portas a un diálogo aberto, onde a túa opinión conta e contribúe ao proceso de toma de decisións a nivel da UE.
Únete a nós para explorar xuntos a axenda europea e ser parte activa do desenvolvemento de políticas que engaden valor ao proceso lexislativo na UE.